Valdeorras é Viño
  • Español
  • Galego
  • English
  • Français
  • Inicio
  • Coñece as vinrutas
  • Covas Valdeorresas
  • Adegas
  • Actualidade
  • Ónde estamos
  • Contacto
Imagen
DÚAS POSIBILIDADES para facer as vinrutas:
-Con guía acompañante 
-Pola súa conta


Valdeorras é viño organízalle as súas visitas personalizadas e adaptadas aos desexos de cada persoa. Con presupostos a medida segundo as peticións para que poida realizar a visita pola súa conta ou acompañado dun guía.


Nesta comarca contamos con 44 adegas que producen viños de gran calidade coas 
variedades autóctonas godello, mencía e tamén con outras como a garnacha, 
tempranillo, brancellao, sousón, dona branca,etc. A maioría das adegas son de pequenos 
propietarios que elaboran os seus viños respetando as cualidades de cada variedade e 
aportando os coñecementos que pasan de pais a fillos ao longo do tempo. Todos eles 
teñen viñas propias situadas nas ladeiras das montañas que rodean o val do Sil. Os 
viños de Valdeorras exportanse a todo o mundo e contan con numerosos premios.

Outras Vinrutas

Ouro no Bierzo, Valdeorras e Montefurado

ImagenMédulas no Bierzo
 A visita ás Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997), empezará no miradoiro de Orellán e dende alí pódese visitar un dos túneles contando con guías expertos do lugar. Despois farase un percorrido polo Lago de Carucedo (creado pola extracción de ouro) e entrando en Valdeorras a través da estrada N-536 para observar o trazado do Sil polo val con parada na localidade de A Médua en Carballeda (antigo lugar de extracción). A visita chegará ao pobo de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) onde se observará outra antiga mina romana co sistema de “ruina montiun”. A ruta chegará ata Montefurado (Lugo), unha desviación do Sil feita polos romanos para a extracción do mineral. A visita pode terminar nunha “cova” en Arcos ou en A Rúa degustando un viño das adegas da ruta: Adega Avelina, Ruchel, Melillas, etc.


Imagen
Vistas de Montefurado

Pontes romanas e medievais nos ríos Sil, Xares e Bibei 

ImagenPonte romana Bibei
 A vía romana XVIII deixou na comarca unha das mellores pontes romanas do norte peninsular que aínda hoxe está en uso para o tráfico de coches. Está situado sobre o río Bibei entre as localidades de Larouco e Trives. Durante o paseo observarán as viñas en socalcos nas ladeiras da montaña. Outra das pontes de orixe romano, sobre o río Sil, atópase na localidade de Petín aínda que a maioría da construción actual xa é medieval. Unha terceira ponte e paraxe especial a visitar está no lugar de Portomourisco (Petín) cunha construción medieval sobre o río Xares. Esta ruta pode terminarse en calquera das bodegas da zona (Adega da Pinguela, Chan de Ouro, Álán de Val,etc).


Montes de Trevinca e A Veiga

ImagenEncoro e pobo de A Veiga
 No Concello da Veiga atoparemos diversas rutas para coñecer este pobo de alta montaña asentado ao pé do pico máis alto de Galicia (Pena Trevinca, 2127 metros). Entre os elementos destacables está o Encoro de Prada, con praia fluvial e a ruta de sendeirismo (Senda verde do Xares) marcada para poder percorrela bordeando as súas augas. Ademais hai a posibilidade de visitar pobos con varios elementos que forman parte da rede etnográfica do concello como os muíños, fornos, teares, forxa nos pobos de Xares, Espiño, Vilaboa e Corzos. En todos eles un amable veciño abrirá as portas dos “minimuseos” para observar as pezas de cada temática.
Para os amantes da alta montaña teñen a oportunidade de facer rutas para chegar á cima de Pena Trevinca ou ás lagoas glaciares da Serpe ou a do Celo. As lagoas tamén poden ser visitadas por persoas habituadas a camiñar acompañadas por un guía ou pola súa conta cos mapas e ruta marcada que se lle aportará dende “Valdeorras es vino”. Ao final da andaina un viño do val agardaraos para repoñer forzas. Todo o concello conta con varias casas de turismo rural nas que descansar e gozar da natureza sen presas.



​Solfiro, Comunicación y Eventos | 619 086 326 | valdeorrasesvino@gmail.com
  • Inicio
  • Conoce las vinrutas
  • Ofertas Enoturismo
  • Covas Valdeorresas
  • bodegas
    • A Rúa
    • Cepado
    • Pinguela
    • Alandeval
    • Melillas
    • Roandi
    • Rebolledo
    • Quinta
    • Godeval
    • Sampayolo
    • Biobra
    • Casal
    • Aristegui
    • biobra
  • Actualidad
  • Dónde estamos
  • Contacto
  • Inicio - Galego
  • Coñece as vinrutas
  • Covas Valdeorresas
  • Adegas
  • Actualidade
  • Ónde estamos
  • Contacto
  • Home - English
  • Knowing the vinrutas
  • Valdeorresas caves
  • Wineries
  • News
  • where are we
  • Contact
  • Accueil - Français
  • Connaitre les vinrutas
  • Grottes Valdeorresas
  • Caves
  • Actualité
  • Oú sommes-nous
  • Contactez